entre mareas e desbrozadoras





O mar segue a traballar, aínda que por unha vez cun resultado inesperadamente interesante.




Na praia do Naso, onde xa son coñecidos os restos que continuamente os temporais están a estragar, algún cambio nas correntes descobreu agora algo có que non contabamos, pois supoñíamos que as construccións soterradas no tempo estarían ubicadas da liña da praia pra riba e non por debaixo da mallante.




Crémos que se trata da parte da construcción destinada á producción de sal, por estar mais preto do mar.




Destapada da capa de area que a cubría, que as correntes levaron pra outra zona da praia, asoman os restos dun muro ou parede, da que tamén se conserva un chan moi compactado fabricado con materiais da época para tal fin. Éste podería ser o lugar onde deixaban apousentada a auga do mar pra producir o sal por desecación. Probablemente a outra parte darriba fose unha salgadura onde traballaban có producto acadado aquí embaixo.




A parede semella alineada cós límites do resto da edificación darriba, hoxe xusto por baixo da pasarela, polo que debía formar parte do mesmo complexo.




A acción da climatoloxía tamén segue imparable có proceso de descoberta da parede aparecida no límite norte do edificio, destacando cada vez mais o seu perfecto estado de conservación, alomenos de momento, namentras a mesma acción da natureza non comece a estragalo. Só é cuestión de tempo si non se bota man.




Ate aquí as novedades dembaixo na praia, porque subindo á necrópole dos Bufos, tamén se observa o resultado dunha acción de desbroce feita hai uns meses, que voltaron a sacar á luz os restos das excavacións da necrópole dos anos 60s das que aínda se pode atopar algunha cista en relativo bó estado, alomenos unha delas aínda non colapsou.




Por unha vez haberá que dar grazas á acción das desbrozadoras, esas temibles máquinas infernais de tanto perigo pra estas cousas.

Porén, desta vez convertéronse en aliadas dos amantes da historia ó descobrir, siquera temporalmente, esta testemuña que podemos desfrutar despois de mais de trinta anos agochada por toxos e silvas que, dito sexa de paso, foron os que axudaron a conservar durante todo ése tempo o pouco que queda daquela... digamos, discutida actuación arqueolóxica, cuxos informes repousan nalgún arquivo que semella mais misterioso que a propia necrópole, onde deben estar durmindo o soño dos xustos...

Entre as mareas e as desbrozadoras vannos achegando anacos da historia sen que poidamos mais que lamentarnos da escasa iniciativa de organismos e administracións competentes na laboura de preservar adecuadamente o nóso patrimonio arqueolóxico, entonando coma un eterno e fatídico estribillo a mesma letanía, e conformándonos có rexistro das novedades que a acción dos fenómenos naturais ou non tan naturais nos descobren unhas veces, e outras nolo destrúen, periódica e inexorablemente.

tic, tac, tic, tac...